Deep Learning. UX1A aprende (gal)
Materia: Intelixencia artificial
Descrición: Contido interactivo que simula o adestramento dunha máquina con Deep Learning (Aprendizaxe Profunda) para que identifique a emoción da alegría.
O alumnado adestrará a UX1A con tres conxuntos diferentes de datos e analizará os resultados obtidos de forma guiada.
O contido está orientado á aprendizaxe de conceptos básicos de Intelixencia Artificial e permite ao alumnado comprender tanto o proceso de adestramento e aprendizaxe dunha máquina (recoñecemento de trazos nunha mostra) como a importancia dos datos empregados no adestramento.
Tipo de recursos:
- Simulación interactiva
Número de sesións estimadas: 1.
Aclaracións:
- Recoméndase introducir os conceptos básicos na aula de forma previa á utilización do contido. En “Intelixencia Artificial: Guía do profesorado” atoparás a teoría necesaria.
- Esta simulación é a primeira parte dunha actividade máis ampla que inclúe un segundo módulo de experimentación cunha IA real capaz de identificar as emocións ("UX1A recoñece emocións") e un terceiro módulo de retos para profundar nas reflexións ("Retos: UX1A recoñece emocións").
- Esta versión do contido está en galego, está dispoñible outro recurso coa versión en castelán.
Contidos relacionados: