Llevando a Galicia hasta el ∞ y + allá

Visto: 0 veces
2026-06-16

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 —dun total de 8— elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Matemáticas de 3.º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe ten como fío condutor a planificación e execución dunha viaxe á Lúa. Traballando de forma individual e en equipo, explorarás os conceptos de funcións, ecuacións e sistemas de ecuacións, utilizándoos como instrumentos de navegación e cálculo para superar as distintas fases dunha odisea espacial.

Taller ArTeMática

Visto: 0 veces
2026-06-16

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 7 —dun total de 8— elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Matemáticas de 3.º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe ten como fío condutor a actividade creativa nun taller artesanal. Traballando de forma individual e en equipo, explorarás conceptos relacionados cos movementos no plano: translacións, rotacións e reflexións, aplicándoos ao deseño de pezas únicas.

GeoSoluciones SL

Visto: 0 veces
2026-06-16

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 8 —dun total de 8— elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Matemáticas de 3.º de Educación Secundaria Obrigatoria. A situación de aprendizaxe ten como fío condutor o funcionamento dunha empresa de deseño e consultoría técnica. Traballando de forma individual e en equipo, explorarás os conceptos de xeometría plana e do espazo, enfrontándote aos encargos e proxectos que chegan ao estudo, onde a creatividade debe ir da man do rigor xeométrico para ofrecer solucións innovadoras.

O cuco: Os ODS da Axenda 2030

Visto: 0 veces
2026-06-15

O Cuco - ODS (Axenda 2030) é un xogo educativo dixital baseado na dinámica de preguntas e respostas no que os participantes compiten por conseguir quedar sen ovos no seu niño antes que os demais.

A proposta está inspirada no comportamento do cuco común (Cuculus canorus), unha ave coñecida por depositar os seus ovos nos niños doutras especies para que sexan estas quen os incuben e críen.

Amadou, da guerra á escola

Visto: 0 veces
2026-06-15

Este REA é o número 2 - dun total de 6- da proposta cREAgal para Xeografía e Historia en 3º ESO.

Ten como finalidade o estudo da globalización, a interculturalidade, os movementos migratorios, as organizacións internacionais, os estados e as súas formas e a organización institucional e territorial de España.

O alumnado deberá resolver un reto que consiste na elaboración dun plan de acollida para unha persoa acabada de chegar ao centro educativo dende outro país (Sudán do Sur ou Afganistán) e a súa presentación na aula de forma creativa.

Do trigo á IA: a economía, o motor do mundo

Visto: 0 veces
2026-06-15

Este REA é o número 3, dun total de 6, da proposta cREAgal para Xeografía e Historia en 3.º ESO.

Ten como finalidade achegar ao alumnado unha visión global da economía actual, dos seus sectores produtivos e da función que desempeñan os distintos países nun escenario marcado pola globalización. Ao longo do recurso traballaranse conceptos fundamentais que permitirán comprender mellor o funcionamento da economía mundial e reflexionar sobre os seus desafíos presentes e futuros.