Do trigo á IA: a economía, o motor do mundo
Este REA é o número 3, dun total de 6, da proposta cREAgal para Xeografía e Historia en 3.º ESO.
Ten como finalidade achegar ao alumnado unha visión global da economía actual, dos seus sectores produtivos e da función que desempeñan os distintos países nun escenario marcado pola globalización. Ao longo do recurso traballaranse conceptos fundamentais que permitirán comprender mellor o funcionamento da economía mundial e reflexionar sobre os seus desafíos presentes e futuros.
O alumnado deberá resolver un reto que consiste na elaboración duns informes económicos e a súa presentación na aula de forma creativa.