Todas as persoas suman: construíndo un mundo diverso
Este REA é o número 4 — dun total de 6— da proposta cREAgal para Xeografía e Historia en 3º ESO.
A situación de aprendizaxe aborda o funcionamento do mercado europeo e o papel de España e Galicia no seu interior, así como as características dos sectores primario, secundario e terciario. Analízanse os aspectos económicos máis salientables e compárase a evolución da poboación europea, española e galega, identificando os principais retos demográficos actuais. Ademais, trátanse os cambios nos modos de vida e a diversidade social, co obxectivo de favorecer unha comprensión global da realidade económica, demográfica e social do territorio nun contexto europeo interconectado.
Proponse un reto para que o alumnado prepare materiais didácticos e de sensibilización sobre economía, demografía e sociedade para persoas migrantes.