Llegar a 100... ¡Malo será!

Visto: 34 veces
Votos
Media: 5 (1 voto)

16/06/2026

Imaxe de portada do REA "Llegar a 100... ¡Malo será!"

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 5 dun total de 8 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Matemáticas de 3.º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe céntrase nun estudo sobre a lonxevidade en distintas rexións galegas, ofrecendo un percorrido por diversas áreas e situacións relacionadas coas zonas azuis. O alumnado aprenderá contidos estatísticos relacionados con variables aleatorias, os seus gráficos e medidas, a resolver problemas, a solicitar información do Instituto Galego de Estatística (IGE) e a traballar en equipo, á vez que pon en valor a aplicación das matemáticas na toma de datos e a reflexión sobre os resultados obtidos.
O reto consiste na elaboración dun estudo sobre a lonxevidade en diferentes municipios galegos que se entregará á dirección do centro educativo, co obxectivo de conseguir unha posible catalogación como zonas azuis. Ademais, convídase o alumnado a reflexionar sobre a importancia das persoas maiores na súa contorna, transformando os datos en conclusións sobre os hábitos e factores que poden prolongar a vida.

Guía didáctica

Llegar a 100... ¡Malo será!

Visto: 0 veces
Votos
Media: 5 (1 voto)
2026-06-16
Imaxe

Categoría
Creagal
Galego