GeoSoluciones SL

Visto: 32 veces
Votos
Aínda sen votos

16/06/2026

Imaxe de portada do REA "GeoSoluciones SL"

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 8 —dun total de 8— elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Matemáticas de 3.º de Educación Secundaria Obrigatoria. A situación de aprendizaxe ten como fío condutor o funcionamento dunha empresa de deseño e consultoría técnica. Traballando de forma individual e en equipo, explorarás os conceptos de xeometría plana e do espazo, enfrontándote aos encargos e proxectos que chegan ao estudo, onde a creatividade debe ir da man do rigor xeométrico para ofrecer solucións innovadoras. A través da análise de formas e estruturas, descubrirás como o cálculo de áreas e volumes permite optimizar a fabricación de obxectos cotiáns. Aprenderás a proxectar figuras no plano e a visualizar corpos en tres dimensións, utilizando ferramentas xeométricas para resolver problemas de deseño industrial. Comprenderás que a estética dun produto é tan importante como a súa funcionalidade e a súa eficiencia, e que ambas as se sustentan nunha base matemática sólida que garante a viabilidade do proxecto. O reto consiste en responder o encargo da empresa IDEA: deseñar un xogo de recipientes de almacenaxe con forma troncal que permitan o amoreamento para aforrar espazo. Deberás proxectar o mesmo modelo en dous tamaños diferentes, xustificando matematicamente cada medida e ángulo para asegurar que encaixen perfectamente. Para iso, elaborarás un informe técnico detallado e construirás un prototipo en cartolina. Cada equipo presentará a súa proposta ante a dirección da empresa, demostrando que o voso deseño non só é visualmente atractivo, senón tecnicamente impecable e eficiente.

Guía didáctica

GeoSoluciones SL

Visto: 0 veces
Votos
Aínda sen votos
2026-06-16
Imaxe

Categoría
Creagal
Galego