Actividades: Do espazo ao papel
Agora que coñecedes un pouco máis sobre como funciona o sistema diédrico é o momento de experimentar! Seredes capaces de entender os conceptos vistos anteriormente cando comecedes a observar os obxectos con detemento e analizalos profundamente.
Tedes varios obxectivos que cumprir, estade atentos e atentas!
- Representar obxectos tridimensionais en dúas dimensións coas súas vistas principais.
- Desenvolver a visión espacial.
- Relacionar obxectos reais ou construidos con representacións gráficas planas.
- Mellorar a precisión no debuxo técnico.
Mans á obra!
A continuación, tedes tres actividades para escoller:
Lectura facilitada
É o momento de experimentar coas vistas diédricas!
Os obxectivos son:
- Representar obxectos tridimensionais en dúas dimensións coas súas vistas principais.
- Desenvolver a visión espacial.
- Relacionar obxectos reais ou construidos con representacións gráficas planas.
- Mellorar a precisión no debuxo técnico.
Escolle unha das tres actividades!











