| Participación e traballo en equipo | Fun esencial no grupo, sempre estiven dispoñible para axudar, e acheguei ideas importantes ao proxecto amosando iniciativa. (2) | Integreime ben no grupo, axudei ás compañeiras e compañeiros e fun parte activa no proxecto. (1.5) | Colaborei pouco co grupo e non axudei moito aos compañeiros/as tendo dificultades para integrarme. (1) | Non conseguín integrarme no grupo e non colaborei nin axudei aos meus compañeiros/as. (0.5) |
|---|
| No traballo individual | O meu traballo individual foi excelente, profundei na tarefa, experimentei con todas as técnicas e fixen achegas creativas ao reto. (2) | Fixen un traballo individual ben organizado, seguindo as indicacións, traballando todas as técnicas e rematei todas as tarefas a tempo. (1.5) | O meu traballo individual foi moi limitado, necesitei axuda e non traballei todas as técnicas propostas. (1) | Non realicei as tarefas individuais e non participei na realización do reto. (0.5) |
|---|
| Deseño de packaging | Fixen un deseño moi creativo, funcional e ben adaptado ao produto da asociación. (2) | Fixen un deseño axeitado e funcional, con elementos creativos relevantes. (1.5) | O meu deseño é sinxelo con funcionalidade parcial; presenta aspectos mellorables. (1) | O deseño é pouco funcional, sen coherencia nin creatividade. (0.5) |
|---|
| Uso de embalaxes ecolóxicas e sostibilidade | Empreguei materiais 100% ecolóxicos e sostibles en todo o packaging, tendo en conta o seu ciclo de vida e impacto. (2) | A maior parte dos materiais que empreguei son sostibles e respectuosos co medio. (1.5) | Empreguei algúns materiais ecolóxicos, pero tamén incluín outros que non o son. (1) | Non tiven en conta a sostibilidade dos materiais nin o seu impacto ambiental. (0.5) |
|---|
| Reflexión sobre o proceso e superación do reto | Participei de forma activa no meu grupo e tamén acheguei ideas para outras intervencións. Participei na execución e fixen novas propostas reflexionando profundamente sobre todo o proceso, os meus erros, melloras e aprendizaxes, mostrando autocrítica e vontade de mellorar. (2) | Participei para superar o reto e reflexionei de forma detallada sobre o que fixen no proxecto e as aprendizaxes que obtiven. (1.5) | Participei na busca de asociacións e de obxectos mais non axudei a facer os deseños para o packaging. A reflexión que fixen foi moi xeral e non inclúe moitos detalles importantes. (1) | Non participei na busca de asociacións que precisasen embalaxes para os seus produtos nin na parte creativa dos deseños e non reflexionei sobre o meu traballo nin o que aprendín. (0.5) |
|---|