O voso deseño sostible
Chegou o día! Tedes as vosas embalaxes deseñadas, o material para traballar e a repartición das tarefas feitas.
Tedes aprendido unha chea de cousas sobre o packaging sostible e as construcións do debuxo técnico.
Segundo o tamaño das vosas pezas e obxectos, tedes os bosquexos das embalaxes listos para colaborar coas asociacións da vosa vila!
Audio
Uns consellos de última hora: deseñar embalaxes sostibles tamén é unha forma de coidar o mundo.
1. Lembrade as necesidades das asociacións: tede en conta o obxecto que precisan empaquetar, como se entrega e que imaxe quere transmitir. A embalaxe debe adaptarse ao produto... non ao revés!
2. Repartide as tarefas de forma que cada un poida achegar as súas ideas e colaborade para que o deseño final sexa coherente, funcional e creativo. O traballo en grupo faravos máis fortes.
3. Empregade materiais reciclados ou reutilizados sempre que poidades: cartón, papel, tecidos, cordas ou envases xa empregados. Poden ter unha segunda vida se se transforman con enxeño.
4. Deseñade pensando no impacto ambiental: evitade plásticos e materiais innecesarios. Un bo packaging protexe o produto, pero tamén respecta o planeta.
5. Tede en conta a mensaxe: a embalaxe tamén comunica. Pode levar o nome da asociación, un logotipo, un lema... ou mesmo contar unha pequena historia do produto.
6. Revisade o resultado como equipo: comprobade que é resistente, útil, bonito e sostible. Podedes facerlle unha foto para gardar a memoria do proceso.
Lembrade: o traballo en equipo, a creatividade e a preocupación polo medio ambiente faivos ser mellores artistas do packaging.
Se seguistes todos os pasos, xa podedes completar o reto. Lembrade que o traballo en equipo axudará a que todo vaia segundo o previsto.
Lectura facilitada
Uns consellos de última hora: deseñar embalaxes sostibles tamén é unha forma de coidar o mundo.
1. Lembrade as necesidades das asociacións: tede en conta o obxecto que precisan empaquetar.
2. Repartide as tarefas e colaborade para que o deseño final sexa coherente, funcional e creativo.
O traballo en grupo faivos máis fortes.
3. Empregade materiais reciclados:
- Cartón.
- Papel.
- Tecidos.
- Cordas.
- Envases xa empregados que poden ter unha segunda vida.
4. Deseñade pensando no impacto ambiental: evitade plásticos e materiais innecesarios.
Un bo packaging protexe o producto.
Un bo packaging tamén respecta o planeta.
5. Tede en conta a mensaxe: a embalaxe tamén comunica. Pode levar o nome da asociación, un logotipo, un lema...
6. En equipo, comprobade:
- O packaging é resistente.
- O packaging é útil.
- O packaging é bonito.
- O packaging é sostible.
Se seguistes todos os pasos, xa podedes completar o reto.
oda creación artística ten que ter en conta certos requisitos. Agora é o momento perfecto para facer unha pequena revisión dos mesmos. Xa vistes en proxectos anteriores que a organización é fundamental.