Saltar navegación

3.1. Cada cousa no seu lugar

Cada cousa no seu lugar

Tres deseños de packaging para xabón.

Na vosa vila, cada lugar ten a súa función e cada cousa necesita o seu sitio para que todo funcione correctamente. O mesmo sucede co deseño de packaging: cada produto necesita dunha embalaxe que se axuste ás súas características, que o protexa e, ao mesmo tempo, que o faga destacar. 

Na contorna, de seguro hai moitas asociacións que deseñan produtos para agasallar pero en moitas ocasións carecen de embalaxe. O voso reto será deseñar o packaging para eses produtos, mais tedes que ter en conta que non todos os produtos son iguais, polo que teredes que investigar que forma deben ter, o tamaño e cal será o material máis axeitado, pero sobre todo, como podedes transmitir a identidade da vosa vila e da asociación a través do deseño.

Reflexionade sobre a frase "cada cousa debe estar no seu lugar", a embalaxe non só protexe o produto, senón que crea unha conexión coas persoas que o recibirán. A arte do packaging permite que cada elemento se organice de forma adecuada, coidando o obxecto, facendo que destaque e ao mesmo tempo, respectando o medio ambiente. 

Atención que ides aprender moito!

Lectura facilitada

Na vosa vila, cada lugar ten a súa función e cada cousa necesita o seu sitio para que todo funcione correctamente.

O mesmo sucede co deseño de packaging: cada produto necesita dunha embalaxe especial.

A embalaxe debe axustarse ás características do obxecto, protexelo e facelo destacar. 

Na contorna, de seguro hai moitas asociacións que deseñan agasallos.

O voso reto será deseñar o packaging para eses produtos.

Tedes que ter en conta que non todos os produtos son iguais.

Investigade a forma que debe ter, o tamaño e o material.

Reflexionade sobre a frase "cada cousa debe estar no seu lugar".

A embalaxe non só protexe o produto, senón que conecta coas persoas que o recibirán.

A arte do packaging coida o obxecto, fai que destaque e respecta o medio ambiente.

Atención que ides aprender moito!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)