O voso diario

Non podía rematar esta situación de aprendizaxe sen facer a vosa reflexión final. Tócavos cubrir a Fase 5 do voso diario.
Nesta fase, descubristes as opinións dos vosos compañeiros e compañeiras sobre as embalaxes realizadas e tedes que reflectir no voso diario esa valoración global desta aventura. Unha aventura que comezou coa creación dun reto e un camiño cheo de moitas actividades diferentes.
Volteade a vista atrás e pensade sobre como foi esta aventura dende o comezo e os resultados da mesma. Nun futuro, grazas a esta reflexión poderedes adaptarvos mellor a outras situacións de aprendizaxe diferentes.
Se non tedes o diario de aprendizaxe podedes ver o documento dende esta ligazón.
Lectura facilitada
Tócavos cubrir a Fase 5 do voso diario.
Descubristes as opinións dos vosos compañeiros e compañeiras sobre as embalaxes feitas.
Reflectide esa valoración no diario.
Nun futuro, grazas a esta reflexión poderedes adaptarvos mellor a outras situacións de aprendizaxe.
Se non tedes o diario de aprendizaxe podedes ver o documento dende esta ligazón.