Unha embalaxe para cada cousa
Se chegastes ata aquí, xa teredes varios obxectos seleccionados para deseñar a súa embalaxe.
Comezaredes por compartir co resto do grupo os obxectos escollidos que creades que precisan dunha embalaxe e comezaredes a pensar ideas de como deseñar esa embalaxe. Para iso ides facer bosquexos sobre posibles deseños.
Estes bosquexos serán como unha especie de deseño da embalaxe que queredes realizar. O deseño será unha parte importante do proxecto, mais disto falaremos máis adiante.
Entendedes o reto?
Lectura facilitada
Xa teredes varios obxectos seleccionados para deseñar a súa embalaxe.
Compartide co grupo os obxectos escollidos que creades que precisan dunha embalaxe.
Pensade ideas de como deseñar esa embalaxe.
Facede bosquexos sobre posibles deseños.
Entendedes o reto?