Saltar navegación

3.7. Diario de aprendizaxe

Imaxen dun diario de aprendizaxe

Chegou o momento de cubrir os apartados da Fase 3 do voso diario de aprendizaxe.

Nesta fase, centrástesvos en investigar sobre o packaging, as construcións básicas do debuxo técnico e as vistas diédricas. 

Coñecestes a que se refire o termo packaging e a importancia da sostibilidade que vos axudarán a conseguir o voso reto. Tamén experimentastes coas construcións básicas da xeometría, construcións de polígonos e representación de obxectos coas vistas diédricas que vos servirán como primeiros pasos antes de comezar coas ideas e bosquexos para o voso reto. 

Con escuadro, cartabón e compás, trazastes moito máis ca liñas: construistes figuras, descubristes perspectivas e fixestes que os polígonos cobrasen vida! Quen vos ía dicir que o debuxo técnico podía ser tan preciso... e tan entretido!

Anotade no diario as vosas reflexións. Se non tedes o diario de aprendizaxe podedes ver o documento dende esta ligazón.

Lectura facilitada

Ides cubrir os apartados da Fase 3 do voso diario de aprendizaxe.

Nesta fase, centrástesvos en:

  • Investigar sobre o packaging e as construcións básicas e vistas do debuxo técnico.
  • Coñecestes a importancia do deseño sostible.
  • Experimentastes coas construcións básicas, polígonos e vistas diédricas. 

Anotade no diario as vosas reflexións.

Podedes ver o diario facendo clic nesta ligazón.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)