Saltar navegación

4.3. Diario de aprendizaxe

O voso diario

Imaxe dun diario de aprendizaxe

Xa levastes a cabo o voso deseño de packaging para algunha asociación da vosa vila.  É o momento de cubrir a Fase 4 do voso diario de aprendizaxe.

Nesta fase puxestes en práctica todo o que aprendestes durante a situación de aprendizaxe. Investigastes sobre as posibles asociacións que precisaban embalaxes para os seus produtos, identificastes as súas necesidades e traballastes para ofrecerlles solucións innovadoras, conseguindo facer realidade un packaging funcional, sostible e atractivo. 

Agora, podedes escribir no diario sobre como foi todo ese proceso, que desafíos atopastes e como os superastes.

Anotade e compartide deste xeito os vosos logros, inquedanzas e avances serviravos moitísimo na vosa futura aprendizaxe.

Se non tedes o diario de aprendizaxe, podedes ver o documento dende esta ligazón.

Lectura facilitada

Xa levastes a cabo o voso deseño de packaging.

Cubride a fase 4 do voso diario de aprendizaxe.

Nesta fase soubestes atopar asociacións que precisasen de embalaxes.

Tamén identificastes as súas necesidades.

Fixestes un packaging sostible e funcional.

Escribide no diario sobre como foi todo ese proceso.

Anotade e compartide deste xeito:

  • Os vosos logros.
  • As vosas inquedanzas.
  • Os vosos avances.

Se non tedes o diario de aprendizaxe, podedes ver o documento dende esta ligazón.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)