Paso a paso
Achegarédesvos ao traballo practicando as construcións básicas da xeometría, pasaredes a construír formas máis complexas en dúas dimensións (ángulos, polígonos, vistas...) e remataredes construíndo en tres dimensións. Seredes quen de deseñar pequenos envases sostibles, despois de coñecer e traballar sobre o packaging.
Como o ides facer?
| Paso 1 |
Investigar que é o packaging. |
| Paso 2 |
Coñecer as construcións da xeometría. |
| Paso 3 |
Traballar as construcións básicas, ángulos e polígonos. |
| Paso 4 |
Traballar coas vistas diédricas, analizando figuras en 3D. |
| Paso 5 |
Investigar que asociacións da vosa contorna poderían precisar de envases (packaging). |
| Paso 6 |
Facer traballo en grupo para deseñar os posibles packaging. |
| Paso 7 |
Construír o packaging perfecto para un obxecto real. |