Saltar navegación

2.2. XeometrizArte

Actividades

Imaxes de formas xeométricas atopadas na natureza

A xeometría é a forma de representar os obxectos e os espazos dun xeito sinxelo e comprensible. Podedes atopar formas xeométricas en tódalas partes: nas cousas feitas polas persoas, mais tamén na natureza, como podedes ver na imaxe anterior. Tedes xogado algunha vez a procurar esas formas?

Para traballar coma deseñadores e deseñadoras de embalaxes é fundamental empregar os trazados xeométricos básicos, saber debuxar polígonos e entender os sistemas de representación xeométrica. De seguro sabedes xa moitas cousas de xeometría!

A continuación, teredes unha serie de actividades para poñer a proba os vosos coñecementos sobre este tema.

Prestade atención, divertídevos e comprobade o que sabedes!

Lectura facilitada

A xeometría é a forma de representar os obxectos e os espazos dun xeito sinxelo e comprensible.

Podedes atopar formas xeométricas en tódalas partes: nas cousas feitas polas persoas e na natureza, como podedes ver na imaxe anterior.

Tedes xogado algunha vez a procurar esas formas?

Para traballar coma deseñadores e deseñadoras de embalaxes é fundamental:

  • Empregar os trazados xeométricos básicos.
  • Saber debuxar polígonos.
  • Entender os sistemas de representación xeométrica.

De seguro sabedes xa moitas cousas de xeometría!

A continuación, teredes varias actividades.

Poñede a proba os vosos coñecementos sobre este tema.

Prestade atención, divertídevos e comprobade o que sabedes!

Un mosaico de papel

Lembras os diferentes tipos de formas xeométricas? Nesta actividade pódelo demostrar.

Os materiais

Primeiro de todo, prepara o teu espazo de traballo. Lembra empregar materiais de refugallo, na medida do posible.

Para este traballo vas precisar: 

  1. Unha cartolina ou papel de calquera cor como soporte.
  2. Restos de papeis ou cartolinas, poden ser de revistas, restos de papel de agasallo... o que atopedes!
  3. Lapis e goma.
  4. Tesoiras e pegamento.
  5. Regras.
  6. Para a cor podedes empregar lapis de cor, rotuladores ou témperas.
  7. Pinceis, esponxas e/ou cepillo de dentes de refugallo para as texturas.

Recorta e clasifica

Imaxe de papeis cortadosPara comezar, corta formas xeométricas o máis variadas posibles co papel de refugallo.

Unha vez recortadas, en grupo, observade o resultado e tentade atopar un xeito de clasificalas: teñen lados rectos ou curvos?, o número de lados, é o mesmo?, observade os ángulos, son do mesmo tipo?, coñecedes o nome dalgunha forma? 

Separade as formas segundo eses criterios.

Que e que...

Cando teñas as formas separadas por tipos, segundo os criterios escollidos, tedes que diferencialos.

Para isto empregarás a cor, por exemplo: os que sexan polígonos cóncavos, de cor liso, os que sexan convexos, con texturas.

Usa a túa creatividade!

Constrúe mosaicos como os de Roma

Imaxe dun mosaico de polígonos feito con papeis pintados con diferentes texturasAs nosas formas serán as pezas do noso mosaico. Agora, escolle un papel ou cartolina como fondo, dunha cor ou textura diferente ás formas para que destaquen.

Pega as formas, encaixándoas entre si coma un mosaico. Lembra deixar espazo entre forma e forma para que destaquen.

Comparte o teu traballo co resto do grupo. Serán quen de nomear cada forma?

Fai clic para ver un exemplo


Velaquí dous exemplos de mosaico feito con polígonos cóncavos e convexos.

Imaxe dun exemplo de mosaico con polígonos cóncavos e convexos     Imaxe dun mosaico feito con polígonos cóncavos e convexos.     

Encartar e despregar

Que che parece xogar un pouco coas mans? Ídelas precisar nesta actividade...

Os materiais que precisas son...

  1. Papel en tamaño DINA4.
  2. Lapis de cores ou bolígrafo.
  3. Transportador de ángulos.

Mans á obra

Imaxes de papeis encartados.Colle unha folla de papel. Dobra a folla canto quixeres, tentando variar as medidas dos dobramentos: usa a túa creatividade!

Desdobra os papeis e observa as liñas e os seus cruzamentos.

Falade en grupo e marcade os tipos de ángulos e liñas que atopedes.

Fai clic para ver un exemplo

Emprega lapis de cor para que quede máis visual, podedes atopar moitas figuras e trazados!
Imaxe do exemplo da actividade

Cidade xeométrica

Imaxinades unha cidade construída soamente con formas xeométricas? Sería posible? Ides comprobalo.

Que materiais precisas?

  1. Cartolinas ou papel.
  2. Tesoiras e pegamento.
  3. Lapis e goma
  4. Regras e compás.

Debuxa e recorta

Se xa tes todo o material é hora de comezar.

Debuxa diferentes formas poligonais (triángulos, cadrados, círculos...) na cartolina ou papel que elixades e recorta.

Unha vez que teñas diferentes formas ordénaas de maneira que podas crear unha cidade lineal, coma se fosen edificios aliñados nunha rúa. 

Constrúe 

Cando teñas todas as formas preparadas é o momento da montaxe.

Pega as formas no lugar adecuado para formar unha liña de "edificios". Podes xogar con diferentes tamaños e cores para facela máis interesante. 

Reflexiona

Cando teñas a cidade rematada será o momento de compartila co resto da clase.

Pensade como os diferentes polígonos se combinan para formar unha cidade e como cada forma representa un edificio único nunha liña urbana.

Ademais, trata de identificar os diferentes ángulos que forman as formas xeométricas entre elas se é que existen! 

Saberiades dicir se o resultado da cidade é a planta, o alzado ou o perfil da mesma?

Fai clic para ver un exemplo

Recorta formas poligonais

Diferentes formas poligonais recortadas en distintas cores.

Experimenta

Cidade creada coas diferentes formas poligonais

Experimenta

Cidade creada coas diferentes formas poligonais

Feito con eXeLearning (Nova xanela)