Saltar navegación

5.1. Repasando todo

 

Glosario

Guía de observación

Definición:

Instrumento empregado para avaliar o desempeño dos compañeiros/as dentro dun grupo ou equipo en situacións como proxectos, traballos colaborativos ou actividades en grupo. Tamén coñecido como ficha de coavaliación.

Exemplo:

Ao rematar o proxecto, cada participante completou a guía de observación. 

Análise de intervención

Para coñecer a opinión sobre o voso traballo neste reto, empregaredes unha "Guía de observación", que servirá para que os vosos compañeiros e compañeiras valoren como foi a vosa intervención.

Pensade que o obxectivo é achegarlle información a cada grupo para que podan mellorar nun futuro deseño de embalaxe.

Lectura facilitada

Empregaredes unha "Guía de observación" para coñecer a opinión sobre o voso traballo neste reto.

A guía servirá para que os vosos compañeiros e compañeiras valoren como foi a vosa intervención.

Pensade que o obxectivo é achegarlle información a cada grupo para que mellorar.

Guía de observación

Se queredes acceder ao documento en formato PDF facede clic nesta ligazón.

Reflexionando

Agora toca revisar as guías de observación que cubriron os vosos compañeiros e compañeiras sobre cada embalaxe.

Ides realizar un debate en grupo no que trataredes os seguintes puntos:

  • Como se valorou a quen participou en cada unha das embalaxes avaliadas?
  • Cal foi o aspecto con valoración máis alta?
  • Cal foi o apartado con valoración máis negativa?
  • Pensade nos motivos que poden explicar as puntuacións máis positivas e negativas.
  • Recollede propostas de mellora para solucionar esas puntuacións negativas.
  • Que tal foi a experiencia do reto? A vosa contribución foi ben acollida?

Lectura facilitada

Agora toca revisar as guías de observación que cubriron os vosos compañeiros e compañeiras sobre cada embalaxe.

Ides realizar un debate en grupo no que trataredes os seguintes puntos:

  1. Como se valorou a quen participou en cada unha das embalaxes avaliadas?
  2. Cal foi o aspecto con valoración máis alta?
  3. Cal foi o apartado con valoración máis negativa?
  4. Que motivos poden explicar as puntuacións máis positivas e negativas?
  5. Recollede propostas de mellora para solucionar esas puntuacións negativas.
  6. Que tal foi a experiencia do reto? A vosa contribución foi ben acollida?
     
     
     
     
     
     

Que aprendiches?

Infografía resumo de EmbalArte

Feito con eXeLearning (Nova xanela)