Glosario
Dimensións
-
Definición:
-
Medidas que nos indican o tamaño dun obxecto: ancho (de lado a lado), longo (de diante cara atrás) e alto (de abaixo cara arriba).
-
Exemplo:
-
A caixa de zapatos ten tres dimensións: longa, ancha e alta.
Eixo
-
Definición:
-
Liña imaxinaria que serve como referencia para orientar e dividir un debuxo.
-
Exemplo:
-
Debuxaron o eixo vertical para poder colocar o alzado.
Escala
-
Definición:
-
É a relación entre o tamaño real que ten un obxecto e o tamaño con que o debuxamos no papel.
-
Exemplo:
-
Se queremos representar unha mesa da aula nun papel, deberemos debuxala cunha escala de redución, é dicir, reducir as medidas para que entre no papel.
Obxecto tridimensional
-
Definición:
-
Obxecto que ten tres dimensións: ancho, longo e alto. Ocupa un espazo e polo tanto ten volume.
-
Exemplo:
-
Unha cunca é un obxecto tridimensional.
Perspectiva
-
Definición:
-
Forma de representar obxectos sobre o papel para que pareza que teñen profundidade, tal e como os vemos na realidade.
-
Exemplo:
-
O debuxo en perspectiva fai que o cubo pareza saír do papel.
Plano
-
Definición:
-
Superficie plana e imaxinaria sobre a que debuxamos as diferentes vistas dun obxecto.
-
Exemplo:
-
Colocaremos a vista superior sobre o plano horizontal.
Planos de proxección
-
Definición:
-
Planos perpendiculares entre si onde se proxectan as diferentes vistas dun obxecto. Temos o plano vertical e o plano horizontal.
-
Exemplo:
-
O plano vertical é onde se debuxa o alzado.
Proxeccións e liñas de proxección
-
Definición:
-
As proxeccións son as imaxes do obxecto que obtemos ao proxectar as súas formas sobre un plano. As liñas de proxección son liñas imaxinarias que conectan o obxecto coa súa vista no plano.
-
Exemplo:
-
As liñas de proxección axúdannos a aliñar correctamente as vistas.
Representación gráfica
-
Definición:
-
Debuxo ou esquema que mostra como é un obxecto, idea ou unha construción.
-
Exemplo:
-
O plano do cuarto é unha representación gráfica da súa distribución.
Sistema de representación
-
Definición:
-
Conxunto de regras e técnicas que se empregan para debuxar obxectos no papel de forma clara.
-
Exemplo:
-
O sistema diédrico é un dos sistemas de representación no que empregamos varias vistas para representar un obxecto.
Vistas diédricas
-
Definición:
-
Distintas formas de ver un obxecto proxectado sobre os planos. Diferenciamos tres: vista frontal (alzado), vista superior (planta) e vista lateral (perfil).
-
Exemplo:
-
Se debuxamos un armario coas súas vistas diédricas, será a vista frontal a que nos mostre a porta do mesmo.









Se mirades a vista frontal, vedes a forma que ten ese obxecto cando o ollades de fronte.


