Saltar navegación

Experimenta!

Actividades: Polígonos

Agora é o momento de que experimentes o aprendido!

Seguro que sodes capaces de entender os conceptos vistos anteriormente cando teñades o material na man e comecedes a probar.

A continuación, tedes tres actividades para escoller. Necesitaredes papel de cores, tesoiras e pegamento

O teu poli-nome

Un nome feito a base de polígonos

Utilizando papeis de cores recorta en pequenos polígonos, e compón con eles as letras que forman o teu nome.

Os poli-animais

Exercicio de polinomios con papeis de cores

Con papeis de cores recorta diferentes polígonos e constrúe con eles formas de animais.

O poli-teselado

Traballo de polígonos de rede modular

Utilizando papeis de cores, recorta polígonos e compón con eles un teselado, é dicir, unha rede continua que cubra toda a superficie do papel.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)