Saltar navegación

2.1. Grupos e chuvia de ideas

Formación de grupos

Cartas con interrogante polo reverso. Toca facer grupos para traballar e debater de xeito colaborativo.

Na mesa atoparedes cartas que conteñen diferentes formas xeométricas (círculos, cadrados, triángulos...), mais están xiradas, así que non saberedes a forma ata que escollades unha. Cada un de vós deberedes coller unha carta ao chou.

Cando se repartan todas, as persoas que teñades a mesma forma xeométrica formaredes un grupo. 

Lectura facilitada

Toca facer grupos para traballar e debater.

Na mesa atoparedes cartas que conteñen diferentes formas xeométricas:

  • Círculos.
  • Cadrados.
  • Triángulos.

Escollede unha carta ao chou.

As persoas que teñades a mesma forma xeométrica formaredes un grupo. 

Explorando o mundo xeométrico

Cartas con formas xeométricas.

Hoxe seredes detectives do espazo e das formas. Ides descubrir que sabedes sobre o mundo da xeometría.

A vosa misión será descubrir como se clasifican e organizan as figuras xeométricas, identificando as súas características e propiedades. Preparádevos para un reto de organización e aprendizaxe, onde as figuras xeométricas e os ángulos serán os vosos aliados!

Como equipo de detectives tedes que identificar e clasificar as figuras xeométricas que atoparedes en diferentes tarxetas: identificade vistas de figuras e obxectos cotiáns (planta, alzado e perfil), identificade formas (triángulo, cadrado, círculo...), ou o tipo de ángulo (recto, agudo, obtuso ou chan).

Unha vez teñades todas as tarxetas identificadas, teredes que agrupar estes conceptos en tres grandes categorías: polígonos, ángulos e vistas. Traballade en equipo, compartindo ideas e axudándovos para que cada figura e concepto quede ben colocado.

Traballando xuntos, conseguiredes un mapa de conceptos que vos axudará a comprender mellor as formas xeométricas e a súa representación e descubriredes como as formas cobran vida e se organizan no mundo que vos rodea. Todo o mundo preparado para o desafío xeométrico!

Lectura facilitada

Hoxe seredes detectives do espazo e das formas.

Ides descubrir que sabedes sobre o mundo da xeometría.

A vosa misión será descubrir como se clasifican e organizan as figuras xeométricas.

Preparádevos para un reto de organización e aprendizaxe, onde as figuras xeométricas e os ángulos serán os vosos aliados!

Como equipo de detectives tedes que identificar e clasificar as figuras xeométricas que atoparedes en diferentes tarxetas.

Identificade vistas de figuras e obxectos cotiáns:

  • Planta.
  • Alzado.
  • Perfil.

Identificade formas:

  • Triángulo.
  • Cadrado.
  • Círculo.

Identificade tipo de ángulo:

  • Recto.
  • Agudo.
  • Obtuso.
  • Raso.

Agrupade estes conceptos en tres grandes categorías:

  • Polígonos.
  • Ángulos.
  • Vistas.

Traballade en equipo, compartindo ideas.

Traballando xuntos, axudaravos a comprender mellor as formas xeométricas e a súa representación.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)