Para rematar o voso reto de difundir os efectos do consumo dun alimento pouco saudable, ides presentar os resultados das vosas análises en diferentes formatos aos vosos compañeiros e compañeiras e a avaliar todo o proceso que fixestes ata chegar ata aquí. Esta fase de conclusións é crucial para a vosa aprendizaxe. Xunto aos teus compañeiros e compañeiras recompilaredes datos e reflexionaredes sobre a experiencia de analizar un alimento e difundir a información que atopastes. Ademais avaliaredes o voso traballo en equipo e tamén faredes unha valoración do voso propio traballo durante todo o proxecto.
Lectura facilitada
Chegou o final do reto.
Agora presentaredes os resultados do voso traballo aos compañeiros e compañeiras.
Explicaredes os efectos de consumir un alimento pouco saudable.
Podedes presentar a información en diferentes formatos:
vídeo, cartel, podcast, tríptico…
Tamén toca avaliar todo o proceso.
Esta fase é moi importante para pechar a aprendizaxe.
Xunto co teu equipo, reflexiona sobre:
– Como foi analizar o alimento?
– Que aprendestes facendo este traballo?
– Como foi difundir a información ás demais persoas?
– Como funcionou o traballo en equipo?
E a nivel individual, pensa:
– Como foi a túa participación?
– Que fixeches ben?
– Que poderías mellorar para a próxima vez?