Saltar navegación

5.4. Diario de aprendizaxe

Diario de aprendizaxe

Diario de aprendizaxe

É o momento de sacar conclusións. Tiveches a oportunidade de avaliarte de varias maneiras: seguindo unha lista de tarefas, coas opinións dos teus compañeiros e compañeiras e seguindo unha rúbrica de auto-avaliación na que de maneira persoal reflexionaches sobre o realizado durante toda a situación de aprendizaxe.

Crees que é sinxelo realizar unha boa avaliación con estes instrumentos? Serviuche ter unha lista de tarefas para guiarte no proceso? Como levaches as opinións dos demais? Anota no diario as túas reflexións e recorda que esta información pode servirche para aprender máis sobre ti e sobre a maneira na que aprendes.

Accede ao diario de aprendizaxe.

Lectura facilitada

Xa chegamos ao final da Fase 5.

Agora toca completar esta parte no teu diario de aprendizaxe.

Cando o fagas, rematarás o diario completo.


Nesta fase reflexionarás sobre como te avaliaches.

Durante a situación de aprendizaxe, avaliácheste de diferentes maneiras:

– Cunha lista de tarefas

– Coas opinións dos teus compañeiros e compañeiras

– Cunha rúbrica de autoavaliación, onde pensaches sobre o que fixeches


Agora pensa e responde no teu diario:

– Foi doado facer unha boa avaliación usando estes instrumentos?

– Axudouche ter unha lista de tarefas para seguir os pasos?

– Como te sentiches coas opinións dos demais?

– Que aprendiches sobre ti e sobre como aprendes?


Escribir estas reflexións é moi útil.

Axudaranche a coñecerte mellor e a mellorar cada vez que aprendas algo novo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)