Glosario
Loiada
-
Definición:
-
Unha loiada é unha idea ou crenza que moita xente pensa que é certa, pero en realidade é falsa.
-
Exemplo:
-
É unha loiada que comer froita pola noite sexa malo para a saúde.
Bandullo
-
Definición:
-
É unha palabra coloquial que significa barriga, especialmente cando está chea ou é grande.
-
Exemplo:
-
Despois de comer o cocido tiña o bandullo cheo.
Nutrientes
-
Definición:
-
Os nutrientes son as substancias que están nos alimentos e que o noso corpo necesita para medrar, ter enerxía e estar san.
-
Exemplo:
-
As froitas e as verduras teñen moitos nutrientes que nos axudan a estar fortes e a non enfermarnos.
Prexudicial

-
Definición:
-
Dise de algo que pode facer dano ou ser malo para a túa saúde ou para o medio ambiente.
-
Exemplo:
-
Comer moitos doces cada día pode ser prexudicial para os dentes e para a saúde.
