Glosario
Heteroxéneo
-
Definición:
-
Que está formado por elementos ou persoas de distinta natureza ou diferentes, con ideas, gustos ou habilidades distintas.
-
Exemplo:
-
Unha macedonia é unha mestura heteroxénea formada por froitas.
Fortaleza
-
Definición:
-
Fortalezas son as cousas que se che dan ben ou nas que destacas, como traballar en equipo, debuxar ou falar en público.
-
Exemplo:
-
Cada persoa do grupo puxo as súas fortalezas ao servizo do equipo para facer un bo cartel.

