Saltar navegación

1.4. O plan de acción

 

Glosario

Repercusión

Persoas intercambiando obxectos

Definición:

Resultado ou efecto que algo provoca noutras persoas ou lugares.

Exemplo:

A nosa campaña tivo tanta repercusión que incluso outras clases comezaron a cambiar o que traían para merendar.

Trazamos o plan

Imaxe dun mapa onde se traza itinerario
 

Para conseguir superar o reto faralo da seguinte maneira:

  1. Traballarás en grupo, polo que formaredes equipos para aprender xuntos e reflexionar sobre o que xa sabedes.
  2. Completarás todas as actividades interactivas e debaterás en grupo sobre os temas propostos.
  3. Aprenderás moito sobre a función de nutrición, os nutrientes e a alimentación equilibrada.
  4. Traballarás coas etiquetas dos alimentos e analizarás os seus compoñentes.
  5. Crearás un produto para difundir a composición dun alimento, así como as repercusións do seu consumo para a saúde da comunidade escolar e para o medio ambiente.
  6. Avaliarás o traballo ao longo das fases e presentarás as conclusións.

Lectura facilitada

Para conseguir superar o reto,

faras os seguintes pasos:

  1. Traballarás en grupo para aprender xuntos.
  2. Completarás diferentes tipos de actividades (algunhas interactivas).
  3. Aprenderás sobre a función de nutrición, os nutrientes e a alimentación equilibrada.
  4. Traballarás coas etiquetas dos alimentos e analizarás os seus compoñentes.
  5. Crearás un produto (cartel, vídeo ou podcast) para difundir o aprendido sobre un alimento.
  6. Avaliarás o traballo realizado ao longo das fases.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)