Diario de aprendizaxe

Finalizada a fase 4 tócanos cubrir o seu apartado no noso diario de aprendizaxe.
Recorda e reflexiona sobre o que fixeches nesta fase. Como foi o proceso de pensar e deseñar un produto saudable en equipo? Valoraches o resultado do reto conxuntamente cos teus compañeiros e compañeiras de equipo? Que aprendiches no reto que poderías usar no teu día a día? Como te sentiches tendo que traballar en grupo?
Hai moitas cuestións sobre as que reflexionar e así poder saber como aprendemos.
Lectura facilitada
Xa rematou a Fase 4.
Agora toca cubrir esta parte no teu diario de aprendizaxe.
Pensa e responde con calma:
– Como foi pensar e deseñar un produto saudable co teu equipo?
– Valoraches o resultado final xunto coas túas compañeiras e compañeiros?
– Que aprendiches que che pode servir na túa vida diaria?
– Como te sentiches ao traballar en grupo?
Reflexionar é moi importante.
Así poderás entender mellor como aprendes,
como te sentes cando traballas
e que cousas podes mellorar ou repetir noutras ocasións.