Saltar navegación

5.3. Valoro o meu traballo

A túa auto-avaliación

Nesta parte deberás avaliar o teu progreso durante toda a situación de aprendizaxe. Encontrarás unha rúbrica con diferentes apartados e diferentes niveis. Terás que marcar o que creas que acadaches para extraer unha nota numérica.

Antes de comezar a traballar pode servirte de moita axuda ler a rúbrica para saber que é o que se busca acadar nas túas aprendizaxes e así poder centrarte mellor en todos eses aspectos.

Lectura facilitada

Agora vas avaliar o teu propio traballo.

Vas pensar como foi o teu progreso durante toda a situación de aprendizaxe.


Para iso, usarás unha rúbrica.

A rúbrica ten diferentes apartados e varios niveis.

Lerás cada un e marcarás o nivel que mellor te describe.

Ao final, sacarás unha nota numérica.


Antes de comezar un traballo, é moi útil ler a rúbrica.

Así sabes o que se espera de ti

e podes centrarte mellor no que hai que facer.

A miña participación

Valoro o meu traballo no proxecto
 Foime xenial porque...Fíxeno ben porque...Custoume un pouco porque...Debo mellorar porque...
Na comprensión do proxectoEntendín todos os pasos para conseguir o reto final de difundir a análise dun produto e o seu propósito (1)Souben o que tiña que facer no reto final de difundir a análise dun produto aínda que non entendín o seu propósito (0.75)Necesitei axuda para entender o reto final de difundir a análise dun produto e os pasos para acadalo (0.5)Aínda que solicitei axuda, non entendín as partes do reto final de difundir a análise dun produto. (0.25)
No traballo individualRealicei as actividades individuais que correspondían e remateinas sen erros. Esforceime para realizalas sen axuda. Colaborei coas miñas compañeiras e compañeiros. (1)Realicei as actividades individuais que correspondían, tiven éxito e as fixen correctamente. Esforceime para acabalas sen axuda e entregueinas todas e a tempo (0.75)Non realicei todas as actividades individuais que correspondían, para algunhas necesitei axuda. Entregueinas nos tempos marcados. Máis da metade tiveron puntuacións correctas. (0.5)Non realicei todas as actividades individuais que correspondían. Ademais, a pesares de ter axuda, os resultados deberían ser mellores. (0.25)
Na investigación e experimentación.Busquei información con rigor científico, contrastei diferentes fontes e obtiven conclusións relevantes. (2)Busquei información, contrastei diferentes fontes e obtiven conclusións válidas. (1.5)Busquei información e obtiven algunhas conclusións. (1)Tiven dificultades para buscar a información e obtiven algunhas conclusións. (0.5)
Na superación do retoTraballei co meu equipo para superar o reto, tamén axudei a outros equipos. (2)Colaborei na consecución do reto. (1.5)A miña participación para superar o reto foi baixa, os meus compañeiros e compañeiras tiveron que axudarme moito. (1)Participei moi pouco na preparación do reto, deixei que as miñas compañeiras e compañeiros fixeran todo o traballo. (0.5)
No deseño e prototipadoCreei de xeito autónomo un programa válido e eficiente sen erros, para facer o contador de pasos coa Microbit. (2)Creei de con algunha axuda un programa para facer o contador de pasos coa Microbit. (1.5)Creei con axuda un programa, con algún erro, para facer contador de pasos coa Microbit. (1)Tiven problemas para crear un programa para facer o contador de pasos coa Microbit. (0.5)
Na comprensión da importancia da boa alimentación en relación coa saúdeComprendín en profundidade os aspectos relacionados coa nutrición e a dieta equilibrada, e cambiei moitos dos meus hábitos alimentarios. (1)Comprendín a maior parte dos aspectos relacionados coa nutrición e a dieta equilibrada e cambiei algún dos meus hábitos alimentarios. (0.75)Comprendín algún aspecto relacionado coa nutrición e a dieta equilibrada pero non cambiei ningún dos meus hábitos alimentarios. (0.5)Tiven dificultades para comprender os aspectos relacionados coa nutrición e a dieta equilibrada e non cambiei ningún dos meus hábitos alimentarios. (0.25)
Na comunicación e presentaciónPresentei o proxecto de forma clara, creativa e convincente, utilizando recursos audiovisuais de alta calidade (1)Presentei o proxecto de forma clara e utilicei recursos audiovisuais adecuados (0.75)Presentei o proxecto de forma básica e utilicei algúns recursos audiovisuais (0.5)Tiven dificultades para presentar o proxecto e utilizar recursos audiovisuais (0.25)
  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova ventá

Feito con eXeLearning (Nova xanela)