Degradar é o proceso polo que algo se vai rompendo ou desaparecendo co paso do tempo, sobre todo no medio ambiente.
Exemplo:
As bolsas de plástico tardan moito tempo en degradarse, por iso é mellor usar bolsas reutilizables.
Crea un producto saudable
É o momento de recompilar toda a información que recollestes sobre o alimento nun produto que poida concienciar ao alumnado do voso centro de que as merendas que toman é posible que non sexan as máis saudables.
Para iso poderedes escoller entre varias posibilidades: facer un podcast de radio, un vídeo, un cartel informativo, un tríptico...
A información que debedes incluír no voso produto é:
Nome do alimento e marca.
Fotografía ou envase.
Calorías: cantas ten un paquete e cantas ten unha unidade: tortiña, galleta...
Os principais nutrientes que contén. A que grupo correspondería?
Cal é a cantidade de azucre en gramos e a porcentaxe que supón con respecto ao consumo diario.
Cantas veces se podería tomar ao longo da semana.
Aditivos prexudiciais que ten este alimento.
Pasos que habería que dar para queimar as calorías que achega o alimento. Tempo de actividade física que habería que facer.
Tipo de envoltorio e tempo que tardaría en degradarse
Un alimento alternativo que se podería tomar no seu lugar, máis saudable.
No seguinte punto tes un documento (unha listaxe de cotexo) que pode axudarche a comprobar, paso a paso, o que tes que facer.
Lectura facilitada
Agora toca facer o produto final co teu equipo.
Recompilaredes toda a información que buscastes sobre un alimento.
O obxectivo é concienciar aos compañeiros e compañeiras do centro.
Queremos que saiban que as súas merendas poden non ser as máis saudables.
Que podedes facer?
Escollede o formato que máis vos guste:
– Un podcast de radio
– Un vídeo
– Un cartel informativo
– Un tríptico
Que información debe levar o voso traballo?
– Nome do alimento e da marca
– Fotografía ou imaxe do envase
– Calorías: cantas ten un paquete e cantas unha unidade (tortiña, galleta…)
– Os principais nutrientes que aporta e o grupo ao que pertence
– Azucres: cantos gramos ten e que porcentaxe é do consumo diario
– Cantas veces á semana se pode comer
– Se ten aditivos prexudiciais
– Cantos pasos ou cantos minutos de exercicio hai que facer para queimar as calorías
– Tipo de envoltorio e tempo que tarda en desaparecer da natureza
– Un alimento alternativo máis saudable
Como organizar o traballo?
Usade a listaxe de cotexo para revisar que incluídes todo paso a paso.
Audio
Listaxe de cotexo
Para orientarte nos pasos da realización deste produto debedes ir enchendo os diferentes apartados desta listaxe de cotexo: