Saltar navegación

5.1. Exposición, coavaliación e reflexión

 

Glosario

Autoavaliación

Pictograma que representa unha persoa avaliando un documento.

Autoavaliación:

Avaliación que alguén fai de si mesma/o ou dalgún aspecto ou actividade propia.

Exemplo:

Pensas en como fas as cousas. É como darche unha nota cando te autoavalías.

Coavaliación

Pictograma que representa compartir unha idea.

Coavaliación:

Acción de estimar os coñecementos, habilidades e rendemento das súas compañeiras e dos seus compañeiros.

Exemplo:

A co-avaliación promove a aprendizaxe cooperativa ao permitir que as compañeiras e os compañeiros dean comentarios sobre o seu traballo.

Expoñemos as producións e as coavaliamos

Chegou o momento de que cada equipo expoña o seu traballo ao resto da clase. Asegúrate que o teu produto cumpre todo o recollido na lista de cotexo que empregaches na fase anterior.  Unha folla con diferentes cualificacións.

Ti e máis o teu equipo explicaredes os resultados da análise do alimento e presentaredes a vosa creación, facendo fincapé nos aspectos máis relevantes tratados durante todo o REA.

Antes da exposición,  preguntaredes aos vosos compañeiros e compañeiras se pensan se o alimento protagonista da vosa análise é saudable ou non, para despois, unha vez feita a vosa presentación, volverlles a preguntar a ver se opinan o mesmo.

Antes de preparar a exposición debes ter en conta o seguinte:

  • Explicade todo con calma e seguridade.
  • Facede que a pregunta aos outros equipos sexa divertida. É unha maneira de xerar curiosidade!
  • Destacade os aspectos que considerades máis rechamantes da vosa creación, cores, efectos, lettering, música de fondo...

Cando rematedes a presentación da vosa análise, ides avaliar o traballo dos outros equipos. Para iso terás a ficha de avaliación onde aparecen diferentes criterios que teredes que analizar, cuantificar e cualificar. Cada grupo deberá de cubrir a seguinte ficha de coavaliación. Aquí tedes a súa ligazón:

Queredes difundir as vosas conclusións?

Unha persoa dentro dunha televisión presentando uns carteis con información sobre alimentos.

Os vosos proxectos foron expostos na aula e agora e o momento de que os coñeza toda a  comunidade educativa.

Teredes que buscar a maneira que mellor vos pareza para compartilos.

Os que fixestes carteis ou trípticos podedes facer unha exposición física, colocándoos todos no patio ou no corredor principal no voso cole. Se fixestes vídeos, podcast ou outro formato dixital, poderedes falar coa persoa mestra responsable e buscar a maneira de compartilos na web do centro, blogue ou perfil de Agueiro.

Lectura facilitada

É o momento de expoñer o voso traballo diante da clase.

Cada equipo vai presentar o alimento que analizou.

Antes de comezar, revisade a lista de cotexo.

Asegurádevos de que o voso traballo está completo.


Durante a exposición:

– Explicade os resultados da análise do alimento.

– Presentade o produto que creastes.

– Destacade os aspectos máis importantes que aprendestes durante o REA.


Antes de expoñer, facedes unha pregunta ao grupo:

→ “Credes que este alimento é saudable ou non?”

Despois da exposición, preguntade de novo:

→ “Cambiastes de opinión?”

Así podedes ver se a vosa explicación fixo reflexionar aos compañeiros.


Algúns consellos para presentar ben:

– Falade con calma e seguridade.

– Facede a pregunta inicial de forma divertida.

– Chamade a atención usando cores, efectos, letras orixinais ou música de fondo.


Cando rematedes a presentación, avaliade o traballo en equipo.

Para iso, encheredes unha ficha de avaliación.

Nela hai varios criterios que teredes que:

– Analizar

– Puntuar

– Valorar

Cada grupo cubrirá a súa ficha de coavaliación.

Queredes difundir as vosas conclusións?

Xa presentastes os vosos proxectos na aula.

Agora é o momento de compartilos co resto do cole.

Toda a comunidade educativa vai coñecer o voso traballo.


Como podedes facelo?

Escollede a mellor maneira para ensinar o voso proxecto.

– Se fixestes carteis ou trípticos,

podedes colocalos no patio ou no corredor principal.

Así todos os compañeiros e compañeiras poderán velos.


– Se fixestes un vídeo, un podcast ou algo dixital,

falade coa mestra ou mestre responsable.

Podedes compartilo na web do centro, no blogue

ou no perfil de Agueiro.

Dixerimos todo o aprendido

A continuación tes un resumo de todo o que aprendiches ao longo desta situación de aprendizaxe:

Infografía na que se mostra un resumo de contidos traballados en toda a situación de aprendizaxe.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)