Saltar navegación

1.3. Obxectivos

Obxectivos

Imaxe dunha diana con números.

  1. Coñecer os diferentes aparatos, órganos e sistemas que interveñen na función de nutrición.
  2. Distinguir os diferentes tipos de nutrientes e as súas funcións.
  3. Identificar os aspectos básicos dunha dieta equilibrada.
  4. Recoñecer a información das etiquetas dos alimentos.
  5. Adoptar hábitos de vida saudables para previr accidentes e enfermidades

Que vas aprender?

Pictograma ARASAAC que simboliza o aparato dixestivo

A coñecer os órganos e aparatos que interveñen na nutrición.

Pictograma ARASAAC na que aparece unha persoa investigando

A investigar sobre aspectos relacionados cos alimentos e os seus ingredientes.

Pictograma ARASAAC na que aparecen unhas persoas traballando en grupo.

A cooperar coas persoas para enriquecer as aprendizaxes.

Diferentes hábitos saudables como descansar, comer, facer exercicio...

A desenvolver accións para ter unha boa saúde

Diferentes alimentos saudables.

A coñecer os principais nutrientes dos alimentos.

Pictograma ARASAAC na que aparece un ordenador

A usar ferramentas e plataformas dixitais.

Lectura facilitada

Aprenderemos:

  • Coñecer os órganos que axudan a alimentarse.
  • Coñecer os aparellos do corpo que participan na nutrición.
  • Investigar temas relacionados cos alimentos.
  • Investigar os ingredientes que teñen os alimentos.
  • Traballar en grupo con outras persoas.
  • Compartir ideas para aprender mellor.
  • Facer accións para coidar a saúde.
  • Aprender como ter unha vida máis saudable.
  • Coñecer os nutrientes que teñen os alimentos.
  • Saber para que serve cada nutriente.
  • Usar ferramentas dixitais.
  • Usar plataformas en Internet para aprender.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)