Saltar navegación

2.1. Canto sabemos dos alimentos?

 

Glosario

Debate

Dúas persoas falando, compartindo opinións.

Definición:

Falar sobre un asunto entre dúas ou mais persoas que poden ter opinións diferentes.

Exemplo:

No debate cada quén dixo a súa opinión.

Argumentar

Unha persoa falando diante de outra

Definición:

Argumentar é explicar con razóns por que pensas algo ou por que unha idea é boa ou mala.

Exemplo:

No noso tríptico imos argumentar por que é mellor traer froita ao recreo en vez de galletas con azucre.

Que sabes dos alimentos?

Seguro que no día comes diferentes tipos de alimentos, pero sabes realmente se ese alimento é unha boa elección para ese momento? Se tiveses que clasificar os alimentos segundo se os podes tomar a miúdo, ocasionalmente ou raramente... Pensas que os teus compañeiros e as túas compañeiras pensarán igual ca ti?

A persoa mestra vaivos repartir a ti e ao resto da clase unhas imaxes de alimentos, que teredes que colocar enriba dunha das tres cartolinas segundo canto de saudable sexa para ti ese alimento, sendo:

Na parte inferior hai tres rectángulos de cores, verde, amarelo e vermello. Na parte superior hai moitos alimentos como mazás, pementos, patacas fritidas, queixo, yogur, tomate fritido, feixóns, salsas varias...

  • Verde → Moi saudable
  • Amarelo → Pouco saudable
  • Vermello → Nada saudable

Se tes dúbidas podes poñer algún alimento na metade de dúas categorías.

Cando estean todas as imaxes colocadas, debaterás en gran grupo compartindo os teus coñecementos sobre ese alimento e argumentando o lugar no que se colocou ou no que pensas que debería estar.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)