
Axencia de Protección. Previr oscuridades
A fundación
Itinerario didáctico
A proposta didáctica contida na proxecto da fundación Intelligere & co propón a equipos de traballo que superen diversos retos relacionados coa intelixencia artificial e as súas interseccións coa cultura, a comunicación e a lingua para finalmente propoñer á súa comunidade próxima o deseño dunha plataforma de IA específica. No percorrido o alumnado irá coñecendo a presencia da intelixencia artificial na súa vida cotidiá, o marco metalingüistico que lle sirve de base, o seu funcionamento, as expectativas e os desafíos que plantexa o seu uso e os mitos que resoan na sociedade ao tratar con elas. Este é o terceiro ODE dunha serie de catro centrado nas disfuncións e perigos da IA asi como na comprensión da argumentación, das propiedades da coherencia e adecuación e mais o funcionamento da sintaxe semántica como ferramentas para facerlles fronte e desenvolver unha perspectiva crítica.
As tarefas que se van a desenvolver neste itinerario pola fundación Intelligere son cooperativas, baseada en proxectos e actividades concretas a partir de situacións de aprendizaxe auténticas, significativas, profundas, flexibles e adaptadas á vosa diversidade. Tamén, se achegan unha serie de actividades interactivas para garantir a comprensión dos textos elaborados para presentar cada un dos aspectos que se tratan neste apartado.
O proxecto propón achegarse á lingua e ás intelixencias artificiais como obxecto de aprendizaxe para investigar aspectos básicos do seu funcionamento. Nesta proposta trátase de poñer en práctica premisas sobre o enfoque comunicativo e o enfoque baseado en tarefas contido no MCEL para a ensinanza e aprendizaxe das linguas. Dentro deste marco metodolóxico, podemos citar como aspectos que non se poden esquecer no proceso de ensinanza-aprendizaxe:
- Existe un plan de traballo na aula para resolver un problema que se percibe como auténtico.
- Plántase unha situación que o alumnado debe resolver elaborando un produto lingüístico-comunicativo multimodal.
- Organízase a aprendizaxe a través de actividades lingüísticas con un obxectivo comunicativo real, simulando situacións nas que se necesita usar tanto IA (ou os medios dispoñibles) como o idioma.
- Favorecese a colaboración e a interacción entre o alumnado.
- Modifícase o papel do alumnado, que é o protagonista activo da súa aprendizaxe.
- Os obxectivos de traballo e os indicadores de avaliación son coñecidos polo alumnado.
- Trabállanse temas próximos aos intereses do alumnado a través de tarefas que progresan desde as máis simples ás máis complexas.
- Favorécese a interdisciplinariedade e a construción global do coñecemento promovendo o desenvolvemento de competencias plurilingües e pluriculturais.
- Integrase a avaliación no proceso establecendo fases de pre-tarefa, desenvolvemento da tarefa e post-tarefa (avaliación e reflexión).
- As tarefas buscan a acción do alumnado sobre o seu propio entorno de modo que se realicen accións concretas e se alcancen obxectivos específicos.

O voso equipo acaba de acceder á Axencia de Protección da Fundación Intelligere & co.
O lema desta axencia é: Facer visible a Intelixencia artificial no día a día da vida. Facer comprensible a Intelixencia artificial para os próximos dias da nosa vida.
Encantados de contar convosco! Podedes ver o noso vídeo de presentación.
Lectura facilitada
Benvidos e benvidas a Intelligere & co
A nosa fundación é un espazo onde a paixón pola innovación e a tecnoloxía se encontra coa vontade de transformar o mundo.
Traballamos xuntos para explorar os límites da intelixencia artificial e mellorar a vida das persoas.
Estamos convencidos de que a vosa curiosidade, talento e dedicación serán os motores que impulsarán novas descubertas e avances.
Invitámosvos a soñar en grande, a experimentar sen medo ao erro e a colaborar co espírito aberto.
Estamos encantados de contar convosco nesta aventura.
Xuntos, construiremos un futuro onde a intelixencia artificial sexa unha forza positiva, capaz de resolver problemas complexos e de mellorar a calidade de vida en todo o planeta.
A vosa enerxía, entusiasmo e compromiso son esenciais para facer realidade esta visión.
Benvidos á nosa fundación, onde cada día é unha nova oportunidade para aprender, crecer e innovar.
Adiante, cara a un futuro brillante e cheo de posibilidades!
Obxectivos
- Analizar criticamente as disfuncións, erros, estereotipos, riscos e perigos nos sistemas de IA, identificando a súa orixe nos datos de adestramento e reflexionando sobre as súas consecuencias sociais.
- Desenvolver habilidades argumentativas mediante o uso do modelo de Toulmin, aplicándoo a debates sobre ética en IA e contrastando argumentos xerados por humanos e máquinas.
- Identificar e aplicar relacións semánticas na xeración e análise de textos, vinculándoas ao procesamento da lingua natural en IA.
- Mellorar a coherencia e adecuación textual en producións propias, utilizando conectores discursivos e axustando o rexistro ao contexto comunicativo (ex. mensaxes dixitais vs. textos académicos).
- Deseñar unha ferramenta dixital (xogo de cartas ou app) que promova o uso ético da IA, integrando coñecementos sobre manipulación lingüística, desinformación e privacidade.
- Reflexionar sobre a responsabilidade individual e colectiva no uso de tecnoloxías dixitais, contrastando casos reais de usos perversos da IA cos principios democráticos e de dereitos humanos.
Cal vai ser a túa misión?
Unha viaxe por un departamento merece compartila ao final de todo. A túa misión é estar atento ao percorrido e ir recollendo no voso grupo de traballo todo tipo de información para poder compartila a través dun Caderno de viaxe.
Ao longo da túa exploración da Axencia vas ir recollendo diversas evidencias para poder resolver preguntas importantes. As IA son unha ferramente puramente neutral? Cal é o futuro das Intelixencias Artificiais nunha sociedade con desequilibrios? As IA poden amplificar os privilexios dun grupo e as fraxilidades de persoas en circunstancias vulnerables? Como podemos responder a esas situacións? Poden axudarnos a pensar mellor ou decidirán por nós?
Neste terceiro bloque, estudaremos elementos más críticos, desafiantes e perturbadores dos modelos de IA e das IA xenerativas. Conectaremos algunhas ideas fundamentais para clarificar este fenómeno con coñecementos necesarios para a convivencia en sociedades democráticas e responsables e a toma de decisións a través da comunicación .
Benvidos e benvidas á sección de Protección da Fundación Intelligere. Esta axencia da fundación Intelligere & Co
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Compartir igual 4.0