Saltar navegación

5.1 Iniciar

Que sentidos teñen os verbos?

Na Fundación Intelligere & Co, os teus alumnos e alumnas reciben unha nova misión: deben axudar a unha IA a comprender correctamente as interaccións humanas mediante a identificación dos roles semánticos en diferentes situacións comunicativas.

Paso 1. Dividimos a clase en equipos de 4 persoas. En cada equipo un dos seus membros elabora unha listaxe con diferentes verbos

Paso 2. O resto do equipo por rondas debe crear unha frase completa co verbo asignado. Por exemplo, se o verbo é "leu", podería construír: "Ana leu o libro na biblioteca onte". Os compañeiros deben identificar oralmente os roles semánticos presentes a través das etiquetas que queiran empregar. É importante indicar que non se está pedindo que empreguen termos como complemento directo ou complemento circunstancial, senón termos como lugar, protagonista, etc.

Paso 3. En gran grupo, discútese sobre as etiquetas creadas coas funcións que desempeñaban cada un dos verbos.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)