Saltar navegación

3. Argumentación e IA

Presentación da sección

¿Algunha vez pensastes como un simple argumento pode cambiar a forma en que vemos o mundo? Imos aprender a construír respostas sólidas e a detectar falacias, non só nos discursos humanos, senón tamén nos xerados por IA. Sen ferramentas para analizar as imaxes e mensaxes xeneradas nestes momentos, poderiades caer en confusión ou desinformación. Nesta sección, imos aprender a estruturar argumentos sólidos, baseados en datos e evidencias, para defendermos das falsas informacións e dos discursos manipuladores, tanto humanos como xerados por IA.

Como participantes da Axencia de Protección, exploraremos como a intelixencia artificial pode reproducir estereotipos ou simplificar a realidade. A través de actividades interactivas e debates, desenvolveredes a capacidade de identificar argumentos fráxiles e construír respostas convincentes.

Obxectivos da sección

Analizar e dominar a estrutura e características dos textos argumentativos para desenvolver un pensamento crítico fronte á desinformación e aos discursos xerados por intelixencia artificial, promovendo un uso ético e responsable da linguaxe en contextos dixitais e sociais.

Obxectivos Específicos:

  • Identificar as partes fundamentais dun texto argumentativo (introdución, desenvolvemento e conclusión) e os seus elementos lingüísticos (conectores, léxico preciso, estruturas causa-efecto).
  • Aplicar os modelos de análise argumentativa de Aristóteles (ethos, pathos, logos) e Toulmin (teses, probas, garantías) para avaliar a solidez dos argumentos.
  • Recoñecer e refutar falacias ou argumentos fráxiles en textos xerados por IA ou en discursos públicos.
  • Crear textos argumentativos coherentes e persuasivos, utilizando evidencias e matizando as posturas (calificadores, refutacións).
  • Traballar colaborativamente na “Axencia de Protección” para deseñar guías ou ferramentas que axuden á cidadanía a discernir información veraz.
  • Fomentar unha actitude crítica e proactiva fronte á manipulación lingüística e aos sesgos algorítmicos.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)