Saltar navegación

4.1 Iniciar

Pezas para comunicar

Imos reflexionar sobre como cres que podemos transformar estes textos para que sexan adecuados e coherentes. Nesta actividade, imos explorar como humanos e intelixencias artificiais abordan a reconstrución de textos desordenados, centrándonos na coherencia (orde lóxica das ideas) e a adecuación (conexións co rexistro social). Para iso, traballaredes en grupos para reconstruír textos fragmentados e compararedes as vosas solucións coas xeradas por unha IA.

Desenvolvemento da actividade:

  1. Fase propia (grupos de 3-4 alumnos):

    Cada grupo escollerá un texto curto con ideas desligadas e falta de conectores. A vosa tarefa será reordenar as frases e engadir elementos como conectores (pero, ademais, despois), referencias (este problema, eles) ou elipses para crear un texto fluído. Por exemplo, se o texto orixinal di: “As IA procesan linguaxe. Os humanos usan morfemas. As máquinas tokenizan palabras. O cerebro entende contexto”, poderíades reescribilo como: “Aínda que as IA procesan a linguaxe mediante tokenización de palabras, os humanos usamos morfemas e contexto para comprender os textos de forma máis profunda.”

  2. Fase da IA:

Introduciremos o mesmo texto fragmentado nun modelo de IA (como ChatGPT) coa instrución: “Mellora a adecuación, a coherencia e cohesión deste texto mantendo o seu significado”. A IA xerará unha versión modificada, que analizaredes en grupo.

  1. Debate crítico:

    Compararedes as versións humana e artificial, identificando:

    • Estratexias comúns (ex.: uso de conectores similares).
    • Diferenzas clave (ex.: a IA pode omitir detalles culturais ou contextos locais).
    • Erros ou limitacións na versión da IA (ex.: repeticións innecesarias).

O obxectivo é reflexionar sobre as fortalezas e debilidades de ambos enfoques, valorando a riqueza da interpretación humana e a velocidade da análise automatizada.

Textos para reconstruír (exemplos):

Texto 1

  • “Moita xente sube fotos perfectas a Instagram. Os filtros cambian a realidade. Algunhas persoas compáranse e sintense mal. Os likes non definen o teu valor. A miña amiga deixou de usar TikTok un mes.”

Texto 2

  • “O Celta gañou 3-2 no último minuto. O gardameta salvou un penalti. Había moita néboa no estadio. Os afeccionados cantaron ”Que salga el sol”. Eu estaba na bancada con mis primos.”

Texto 3

  • “Na queimada recitáronse conxuros. As filloas queimáronse un pouco. A banda tocou gaitas. Choveu e todo o mundo correu. Miña avoa di que antes non había mobil.”

Preguntas de investigación para establecer diferencias:

  1. ¿Como diferencian humanos e IA na elección de conectores?

  2. ¿Que elementos do contexto cultural galego (festas, tradicións) a IA tende a omitir ou malinterpretar?

  3. ¿Cal é máis eficaz para crear unha progresión lóxica: a intuición humana ou os algoritmos da IA?

  4. ¿Como afecta o coñecemento do mundo real (ex.: saber como é un partido do Celta) á capacidade humana para reconstruír textos fronte á IA?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)