Saltar navegación

Actividades sobre Aitana Lopez

Pregunta Verdadeiro-Falso

Indica se son verdadeiros ou falsos os seguintes enunciados

Pregunta 1

O desenvolvemento de Aitana combina intelixencia artificial coa intervención humana no deseño gráfico.

Suxestión

Pensa na diferenza entre crear contido automaticamente e refinalo para que teña unha identidade recoñecible.

Pregunta 2

A influencia de Aitana nos medios limitouse ao ámbito español.

Suxestión

Considera se o texto menciona medios ou impacto fóra de España.

Pregunta 3

A existencia de Aitana xera preocupacións sobre o impacto da intelixencia artificial nas relacións humanas e no mercado laboral.

Suxestión

Identifica os ámbitos nos que o texto expresa preocupación: emocional, social e profesional.

Actividade despregable

Ler e completar
Concepto Crítica asociada
Influencer virtual
Reemplazo de interaccións humanas reais
Transparencia dixital

Activar JavaScript

Preparar debate

Duración:
20
Agrupamento:
Grupo cooperativo (3-4 persoas)

Cada grupo cooperativo prepara conxuntamente as respostas a catro preguntas clave sobre o texto informativo de Aitana López (10 minutos). Unha persoa de cada grupo será elixida ao azar para responder unha das preguntas en representación do equipo. Todas deben estar preparadas, porque non se saberá quen responderá ata o final.

Importante: A resposta que dea a persoa elixida contará como a resposta do grupo enteiro. Traballade ben en equipo para que todas as persoas teñan claras as respostas e os argumentos.

Preguntas clave:

  • Que motivos levaron á creación da influencer virtual Aitana López?
  • Como se combinan a intelixencia artificial e o traballo humano no seu desenvolvemento?
  • Que tipo de impacto tivo Aitana nas redes sociais e nos medios de comunicación?
  • Que críticas ou preocupacións éticas se expoñen no texto sobre este tipo de personaxes virtuais?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)