Presentación
Nesta nova sección da Axencia de Protección da Fundación *Intelligere & co* imos investigar como a intelixencia artificial (IA) está a transformar a nosa privacidade e liberdade dixitais. Analizaremos casos reais: desde a vixilancia masiva mediante recoñecemento facial ata a creación de perfís ocultos que predicen o noso comportamento. Como axentes desta unidade, teredes que descubrir quen está detrás destes sistemas e como poden afectar aos dereitos fundamentais das persoas.
A través deste percorrido deberás ser quen de neutralizar bulos, analizar patróns de desinformación e promover a alfabetización dixital da cidadanía. A vosa misión é clara: protexer o ecosistema dixital galego dos excesos de contaminación algorítmica.