Presentación
Unha IA conduce un automóvil que non recoñece un semáforo en vermello nun día de orballo; un sistema experto de selección de persoal impulsado por IA elixe con menos frecuencia a persoas de orixe asiática; un sistema de xeración de imaxe distribúe persoas de diversos orixes étnicos como público dunha representación teatral na Atenas do século V. Este tipo de fenómenos no momento de desenvolvemento da IA actual amosa como o tipo de respostas que produce unha IA pode ser incorrecto, inxusto ou contrario á información histórica que posuímos.
Cada IA desenvolvida fíxoo en unhas circunstancias concretas que impulsaron resultados non desexados. Prestaremos atención a como estes fenómenos poden ser posibles e por que motivos.