Debate Relámpago: Humanos vs. IA
O obxectivo da actividade é reflexionar sobre as diferenzas entre a argumentación humana e a xerada por IA segundo a vosa experiencia
Desenvolvemento:
Os grupos cooperativos se descompoñen en parellas. Nesas parellas, cada alumno/a achega unha experiencia propia no uso dunha IA amosando se a experiencia foi positiva ou negativa. Na segunda rolda e a partir do exemplo, cada alumno/a discute co seu interlocutor durante 2 minutos a pregunta: "¿Poden as IA como ChatGPT substituír completamente o debate humano?".
O debate pode continuarse en diversas rondas. Por último, realízase unha posta en común; cada parella comparte unha idea clave co grupo e un/unha representante do alumnado resume no encerado ou nunha aplicación dixital as experiencias e os argumentos expostos.