Saltar navegación

1. Disfuncións na IA

Tras as disfuncións da IA

Benvidos e benvidas á esta sección da Fundación Intelligere & co. Lembrade que o noso obxectivo é investigar e protexer á cidadanía dos riscos da intelixencia artificial (IA). Imos analizar casos reais para descubrir como os erros, prexuízos e alucinacións da IA poden afectar ás persoas. Como novos axentes desta axencia, teredes que examinar estes problemas e buscar solucións para garantir un uso máis xusto e seguro desta tecnoloxía.

A través dunha serie de retos interactivos, textos para afondar no tema e tarefas cooperativas exploraredes como a linguaxe e os datos poden influír nos resultados da IA. Traballaredes en equipo para identificar disfuncións, debater as súas consecuencias e deseñar ferramentas que axuden á cidadanía a protexerse.

Obxectivos da sección

O obxectivo principal e analiza o impacto da intelixencia artificial (IA) na sociedade, identificando erros, prexuízos e alucinacións nos sistemas automatizados para desenvolver un pensamento crítico fronte ás decisións tomadas por IA, recoñecendo a súa influencia en ámbitos como a educación, o emprego e a xustiza social e promover o uso ético e responsable da IA.

Obxectivos Específicos:

  • Comprender os conceptos básicos de IA, como erros técnicos, sesgos algorítmicos, estereotipos e alucinacións, a través de casos reais.
  • Identificar como a linguaxe e os datos de adestramento inflúen nos resultados da IA.
  • Recoñecer situacións nas que a IA pode perpetuar desigualdades sociais e propor alternativas.
  • Traballar en equipo para simular investigacións dentro da “Axencia de Protección” e presentar solucións creativas.
  • Valorar a diversidade e a inclusión no deseño e uso de tecnoloxías.
  • Adoptar unha actitude crítica e proactiva fronte á desinformación xerada por IA.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)