O obxectivo da tarafa é practicar a coherencia e adecuación mediante a reescritura colaborativa de textos que presentan deficiencias. Os textos fragmentados presentan diversos tipos de problemas: falta de progresión temporal, datos desorganizados, rexistro inconsistente.
Textos para reconstruír
1. Texto 1: Noticia formal (incoherente e desordenada)
Contexto: Artigo xornalístico sobre unha festa local.
Fragmentos:
- “A tradición remóntase ao século XIX, cando os veciños celebraban a colleita.”
- “O alcalde destacou a importancia do turismo para a economía do concello.”
- “Este ano, a festa comezou con unha queima de fogoos artificiais.”
- “Os asistentes queixáronse da falta de estacionamento.”
- “A banda municipal tocou pezas populares durante o desfile.”
- “En 2024, esperáronse máis de 10.000 visitantes.”
Posible solución (coherente/adecuada):
“A Festa do Entroido de Xanreira, cunha tradición que remonta ao século XIX, celebrouse este ano con grande éxito. O alcalde destacou a importancia do turismo para a economía do concello, xa que en 2024 esperáronse máis de 10.000 visitantes. A festa comezou cunha queima de fogoos artificiais, seguida dun desfile onde a banda municipal tocou pezas populares. Porén, algúns asistentes queixáronse da falta de estacionamento.”
2. Texto 2: Mensaxe informal a un amigo (cohesión deficitaria e adecuación)
Contexto: WhatsApp cun plan para saír. Problemas: Frases rotas, ton inconsistente, falta de detalles.
Fragmentos:
- “Ola! Que tal?”
- “Quedamos ás 8?”
- “Traio o xogo de mesa.”
- “Non sei se vou poder, teño que estudar.”
- “Xa merquei a tortilla e cousas para picar”
- “Penso que vai chover.”
Posible solución (coherente/adecuada):
“Ola! Que tal? Quedamos ás 8 na miña casa? Traio o xogo de mesa. Xa merquei a tortilla e cousas para picar pero che aviso que, se chove, quizais non saímos a outra parte. A ver se podes vir, eu teño que estudar un pouco antes.”
Texto 3: Instrución técnica mal redactada
Contexto: Manual de montaxe dun moble. Problemas: Linguaxe ambigua, pasos desordenados, falta de precisión.
Fragmentos:
- “Asegúrese de que todas as pezas están presentes antes de comezar.”
- “Utilice un destornillador para apretar os parafusos, pero non demasiado.”
- “A peza A debe unirse á peza B, mais non está claro en que sentido.”
- “Se algo non encaixa, forcexeo ata que funcione.”
- “A figura 2 mostra un esquema, pero non se corresponde co texto.”
- “Repita o proceso para o lado oposto, se é necesario.”
Posible solución (coherente/adecuada):
- Una a peza A á peza B seguindo a orientación da Figura 2.
- Aprete os parafusos cun destornillador en cruz, sen forzar.
- Se unha peza non encaixa, verifique a súa posición; non forcexeo.
- Repita os pasos 1-3 para o lado oposto.
Nota: A Figura 2 mostra o esquema correcto de montaxe. Cada grupo dede reconstruír esa posible representación.
Texto 4: Diálogo confuso
Contexto: Conversa entre dúas persoas nunha parada de autobús. Problemas: Saltos temáticos, falta de conexión lóxica, frases sen sentido.
Fragmentos:
- “Parece que vai chover… ou quizais non.”
- “O meu avó coleccionaba selos de países que xa non existen.”
- “Que hora é? Eu sempre levo o reloxo atrasado.”
- “As nubes parecen ovellas, pero as ovellas non voan.”
- “Comprei este paraguas nunha tenda que pechou hai anos.”
- “O autobús debería pasar ás 3, mais ás veces é unha pomba.”
Posible solución (coherente/adecuada):
Persoa 1: “Parece que vai chover. Levas paraguas?” Persoa 2: “Si, este. Compreino nunha tenda que xa pechou… Espero que aínda funcione.” Persoa 1: “Que hora é? O meu reloxo vai atrasado.” Persoa 2: “Son as 3. O autobús debería pasar agora.” (Silencio. Mira as nubes.) Persoa 1: “Parecen ovellas… Que raro sería ver ovellas voando!”
Pauta de corrección
Esta pauta servirá como guía para avaliar tanto o proceso colaborativo como o texto final dos grupos. Cada criterio vale 1 punto (total: 6 puntos).
1. Coherencia textual (Lóxica interna)
- 1 punto: O texto reconstruído presenta unha progresión lóxica clara (cronolóxica, causal ou temática).
- 0.5 puntos: Algúns pasos ou ideas están desordenados, pero o sentido global é comprensible.
- 0 puntos: Non hai unión entre as ideas; o texto é confuso ou contraditorio.
2. Adecuación ao contexto (Rexistro e propósito)
- 1 punto: O rexistro (formal, informal, técnico) axústase ao contexto comunicativo.
- 0.5 puntos: Hai algunha inconsistencia (ex.: expresión coloquial nun manual técnico).
- 0 puntos: O rexistro é inapropiado para a situación.
3. Uso de conectores e marcas de cohesión.
- 1 punto: Empréganse conectores adecuados (ademais, porén, primeiro) e referencias claras.
- 0.5 puntos: Faltan conectores ou hai repeticións innecesarias.
- 0 puntos: Non hai conexión entre frases.
4. Corrección lingüística (Gramática e vocabulario)
- 1 punto: Non hai erros gramaticais ou léxicos significativos.
- 0.5 puntos: Erros menores (ex.: acentos, concordancia ocasional).
- 0 puntos: Erros graves que dificultan a comprensión.
5. Creatividade e resolución de problemas
- 1 punto: O grupo resolveu os problemas orixinais (ambigüidades, saltos temáticos) de forma orixinal e eficaz.
- 0.5 puntos: Solucións básicas, sen melloras significativas.
- 0 puntos: Repítese os mesmos erros do texto orixinal.
6. Participación equitativa (traballo en equipo)
- 1 punto: Todos os membros contribúen (anotacións, debate, redacción).
- 0.5 puntos: Participación desigual (1-2 membros dominan).
- 0 puntos: Traballo individual sen colaboración.
Incorporar a IA na actividad
A IA pode empregarse como ferramenta de apoio para potenciar a aprendizaxe colaborativa e a reflexión crítica sobre a coherencia e adecuación textual. O alumnado contrasta as súas reconstrucións coas suxestións dun modelo de IA (ex.: ChatGPT).
Desenvolvemento:
-
Fase 1: Cada grupo reconstrúe o seu texto e rexistra as decisións tomadas (ex.: “Engadimos o conector ‘porén’ para unir ideas opostas”).
-
Fase 2: Introducen o texto orixinal (fragmentado) e o reconstruído nunha IA, con preguntas como:
- “Sinala os erros de coherencia neste texto e suxire melloras.”
- “Este ton é adecuado para unha instrución técnica? Por que?”
-
Fase 3: Os grupos comparan as suxestións da IA co seu traballo e debaten:
- “A IA detectou problemas que non vimos?”
- “Estamos de acordo coas súas propostas? Por que?”