Presentación da sección
Cando escribimos ou lemos, ás veces non somos conscientes de como a nosa mente interpreta e estrutura a información para darlle sentido. Non se trata só de poñer palabras en orde, senón de establecer conexións lóxicas e significativas. A sintaxe e a semántica traballan xuntas para construír discursos coherentes e eficaces, tanto nos textos que creamos coma naqueles xerados automaticamente polas intelixencias artificiais. Pero, que fai que un texto estea ben estruturado? Que elementos axudan a manter o seu significado claro e comprensible? Se comprendemos estas cuestións, poderemos mellorar a nosa expresión escrita e ser máis críticos co que lemos, tanto na vida cotiá coma no ámbito dixital.