- Duración:
- 40
- Agrupamento:
- Grupo cooperativo
Imos desenvolver un debate crítico guiado sobre Veripol a partir da información achegada. O debate organizarase cunha estrutura en dúas fases: debate por parellas (posición A/B) e rotación a observadores. Inclúse tamén unha lista de preguntas guía e orientacións para construír os argumentos. O tema que debe discutirse é: ¿É ético empregar ferramentas como Veripol no contexto policial?
Os grupos cooperativos de 4 alumnos/as serán divididos en parellas.
- 1ª rolda:
- Parella 1 → Rol A (a favor de Veripol)
- Parella 2 → Rol B (en contra de Veripol)
- 2ª rolda:
- Tódolos membros actúan como observadores, comentan e valoran a calidade do debate anterior.
Temporalización (45-50 minutos)
- Preparación individual (5 min): lectura do texto e subliñado de datos relevantes.
- Preparación en parellas (10 min): cada parella elabora os seus argumentos principais co apoio dunha táboa de pros e contras.
- Debate entre parellas (10 min):
- 2 min para expor argumentos por parella
- 4 min de réplica/resposta libre
- A parella contraria escoita sen interromper
- Rotación a observadores (5 min):
- Todos os integrantes cambian de rol e completan unha grella de observación na que avalían a calidade dos argumentos e a claridade da argumentación.
- Posta en común en gran grupo (10 min): reflexións éticas, valoración de argumentos, aprendizaxes.
Preguntas posibles
Estas preguntas poden repartirse aleatoriamente entre os grupos ou empregar como apoio durante a preparación dos argumentos.
- Que vantaxes ofrece Veripol fronte á investigación tradicional?
- En que casos pode ser útil unha IA na detección de denuncias falsas?
- Que implica considerar unha IA como de “alto risco”?
- Que perigos ten basearse nun algoritmo sen coñecer como funciona?
- É a precisión do 90% suficiente nun contexto policial?
- Como afecta isto aos dereitos da cidadanía?
- Como influíu a falta de formación policial na implementación de Veripol?
- Pode a ferramenta perpetuar prexuízos ou erros sistémicos?
Orientacións para a argumentación
Para o grupo A (a favor)
- A IA axuda a detectar fraudes e aforra tempo e recursos.
- A precisión do 90% é moi elevada.
- Está baseada en datos reais de denuncias anteriores.
- Serve como apoio, non substitúe ao criterio policial.
- Pode mellorar a confianza no sistema se se usa ben.
Para o grupo B (en contra)
- Hai falta de transparencia sobre como funciona Veripol.
- Parte dunha hipótese moi cuestionable (o 57% das denuncias serían falsas).
- A mostra era moi pequena e pouco representativa.
- Pode violar dereitos fundamentais (prexuízos, discriminación, erros).
- A policía non recibiu formación suficiente para usala correctamente.
- Non analiza a declaración real do denunciante, senón un resumo do axente.
Para o a fase de observación
- Os argumentos foron claros e ben estruturados?
- Usaron datos ou ideas do texto para apoiar as súas opinións?
- Respectaron as quendas de palabra e escoitaron activamente?
- Foron capaces de responder de forma coherente e respectuosa?
- Como resumirías a postura de cada grupo en dúas frases?