Saltar navegación

Usando makenote

A seguinte posibilidade sería utilizar o obxecto que xa coñeces e que se chama makenote. Podes descargar o exemplo neste link.

PD e Solenoide funcionando con metro e makenote

Comprobamos que o noso porto está conectado (1)  e que o pin é o correcto (2),  como fixemos anteriormente, seleccionamos a velocidade do metrónomo (3), o percorrido ou potencia (4), e activamos o metrónomo (5) que pasa polo trigger e pack como explicamos nos apartados do servo e o motor DC.

Probablemente te preguntes para que serve esa opción de percorrido. Aínda que dixemos que o solenoide so permite dúas posicións, ao utilizar o obxecto makenote podemos dicirlle canto tempo queremos que permaneza aberto xa que makenote o que fai é enviar a sinal de apertura, pero automaticamente a pecha logo do tempo indicado na súa segunda entrada. Se enviamos un tempo moi corto se pecha antes de chegar ao total do percorrido co que conseguimos que o impulso sexa algo menor.

Isto é un pequeno truco que pode ser de utilizade nalgunhas ocasións se queremos diferenciar entre golpes máis fortes ou máis suaves, pero dependerá de como montemos o noso solenoide no obxecto sonoro xa que o soporte tería que permitir certa flexibilidade.

Solenoide con makenote