PROGRAMANDO
Para controlar o noso motor de corrente continua dende Pure Data o procedemento é similar ao do servo pero con algunhas peculiaridades.
Imos empezar cun patch sinxelo similar ao dos servos que podes descargar aquí.
Fíxate que o principal cambio respecto ao do servo é que en lugar de dicirlle que o pinMode é para mover un servo, indicarémoslle que é unha saída PWM.
O resto non cambia a súa configuración. Temos de novo o espazo no que podemos comprobar en que porto está conectado a nosa placa (1), activar o porto correspondente (2) para que Pure Data se comunique con Arduino e comprobar que todo funciona se devolve a mensaxe de StandardFirmata (3).
O seguinte é seleccionar o pin pwm no que temos conectada a saída de datos ou control, neste caso o pin 6 (4). Logo seleccionamos a velocidade dos pulsos que produce o noso metro (5) e o activamos co interruptor (6).
Ademais, cando o desactivamos envía un valor 0 que está na mensaxe situada entre o interruptor e a barra de valores para parar o motor. Se non tivera esta mensaxe o motor seguiría funcionando co último valor que recibira.
O funcionamento é o mesmo. Temos un metro que envía pulsos a un obxecto que xera valores aleatorios entre 0 e 100 que, á súa vez, se lle envían ao motor para controlar a velocidade de rotación pasando por un trigger que devolve un bang e un número e que, xunto co número do pin se empaqueta para enviar a Arduino como xa explicamos nos servos.