E xa por último imos controlar o seu comportamento dende o nosos secuenciador facendo algunhas pequenas modificacións. Aquí podes descargar o patch.
Basicamente o que temos é o secuenciador do servo que se activa no metro (1) pasando polo contador (2) e cada paso vai a unha porta ou spigot (3).
Se está aberta manda a información de activar, velocidade (4) e duración (5) nese momento a través de tres obxectos sen fíos de send (6) aos tres correspondentes receive (7) coa mesma etiqueta para controlar o motor a través de Arduino.