Saltar navegación

Programando

PROGRAMANDO

Imos comezar cun patch moi sinxelo que ten dúas opcións, ben activar e desactivar o solenoide manualmente, ben facelo mediante un metro. Podes descargalo aquí.

Patch básico con PD

O primeiro no que te tes que fixar é que temos o pinMode configurado como saída, pero, a diferencia dos dous casos anteriores, a saída non é analóxica, e dicir, que os datos que se envían son diferentes valores entre 0 e 1, se non que neste caso so hai dous valores posibles, 0 ou 1.

O seguinte sería de novo comprobar no terminal que dispositivos temos conectados (1), seleccionar o porto (2) e confirmar que detecta a StandardFirmata instalada na nosa placa (3). Agora xa escollemos o pin de Arduino no que está conectado o noso solenoide (4), neste caso é o 13, o mesmo que o LED da placa, e xa podemos disparalo ou apagalo co interruptor (5).

Se queremos que o faga automaticamente non teríamos máis que seleccionar a velocidade á que queremos que se produzan as repeticións (6) e activar o noso metrónomo (7).

Animación de solenoide controlado dende PD