Neste vídeo podes ver unha selección de instrumentos rudimentarios realizados polo alumnado do IESP de Ames utilizando so unha serie de servos, listóns de madeira e algúns obxectos de refugallo.
Verás o Arame, que raspa nun difusor eléctrico que había polo obradoiro de tecnoloxía, o Peitófono, no que un peite e accionado polo servo e o seu son amplificado por un vaso de refugallo. Tamén está o Axouxere no que se mexen diferentes cascabeis, o Martelo, que fai dous sons; percute sobre un vaso de cristal, amablemente cedido pola cafetería do centro, e move un shaker ou especie de maraca pequena.
Por último verás a Troadeira, unha adaptación do instrumento coñecido como tambor de tronos no que unha mola vai conectada a unha membrana e simula este son da natureza.
Agora que xa sabes como conectar e secuenciar os movementos dos servos podes pensar ti en como poñelo en práctica tendo en mente o que explicamos na primeira unidade cando falamos de instrumentos musicais e a súa anatomía e o deseño de instrumentos experimentais.
Fai probas e imaxina como poderías crear os teus dispositivos sonoros robóticos usando un servo.