METODOLOXÍA DE APLICACIÓN
A metodoloxía aplicada terá en conta as novas características da LOMCE de cara a avaliar resultados de aprendizaxe como son as competencias claves e os estándares de aprendizaxe.
As consideracións didácticas tomadas de cara a elección das metodoloxías a utilizar, foron as seguintes: O traballo por competencias para resolver tarefas e o método de aprendizaxe por proxectos.
Aprendizaxe baseado en competencias
Coa introdución da LOMCE o proceso de aprendizaxe temos que basealo nas competencias estruturando a través de tarefas que promovan unha aprendizaxe de carácter global e integrador.
Utilizarase a estratexia de Scaffolding (estadaxe) que é unha técnica pedagóxica que consiste en que o profesorado, unha vez que deseña unha tarefa, vai deixando gradualmente a responsabilidade no alumnado. Tamén usando a fragmentación das tarefas en pezas separadas, favorecendo a adquisición de competencias por una parte e adaptación os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado favorecendo a atención a diversidade.
Nos modelos de aprendizaxe por competencias, o alumnado debe ser quen de desenvolver as súas habilidades de maneira que saiban resolver problemas concretos, que apliquen os coñecementos e as metodoloxías adecuadas a situacións concretas, que saiban actuar por si mesmos/as.
Aprendizaxe baseado en no método de proxectos
A realización de proxectos tecnolóxicos e un dos piares fundamentais de traballo da ensinanza da tecnoloxía que favorece o aprendizaxe sendo unha das materias onde se desenrola de xeito importante. Ao final de cada secuencia didáctica aparece un proxecto final para desenrolar tendo en conta as actividades presentes en cada secuencia. As propostas de proxectos consistirán de construción de prototipos con funcionalidades reais, tendo en conta tamén o proceso de deseño por ordenador CAD e a súa difusión na rede. Utilizárase os grupos de traballo na elaboración do proxecto así como tamén actividades individuais de cara a posta en común para a construción dun produto final.