Saltar navegación

Usando makenote

Seguimos o mesmo procedemento que fixemos tamén antes co servo, imos introducir un control para que, logo de cada movemento, regrese a un punto de repouso. Para isto utilizamos de novo o obxecto makenote no que cada pulso envía un valor de velocidade acompañado por un valor de duración.

So temos que cambiar o obxecto random polo makenote e quedaría así.

Makenote controlando motor DCAgora cada pulso que envíe o metro activa o makenote cos valores que lle indiquemos.

Lembra que se as pulsacións do metrónomo son moi rápidas o tempo de resposta é menor e pode que non cheguen a durar tanto as notas como lle indiques no valor de duración makenote, pero todo é cuestión de probar diferentes posibilidades e experimentar.

Motor DC makenote

Podes descargar o patch dende aquí.